Este luns día 3 de Xullo deu incio o Gondoverán, ca presenza do alcalde Paco Ferreira e a Concelleira de Deportes Nuria Lameiro, un programa de lecer e tempo libre para fillas e fillos de familias traballadoras co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo.
Ábrese o prazo para solicitar os campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade no 2017.
A Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.