Este venres poderemos desfrutar dun novo concerto programado pola Concellería de cultura, dirixido por Nuria Lameiro, enmarcado dentro das conmemoracións do 35 Aniversario do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar. Esta vez será dedicado ao público infantil.
III Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Do 14 ao 28 de xaneiro de 2018. A partir do vindeiro domingo 14 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a III Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar, ten como obxectivo fomentar e coordinar actividades dirixidas a potenciar tanto a creatividade teatral como a representación.
CONCERTO DE NADAL 2017 do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar. Chega o Nadal e o Conservatorio Elemental de Música de Gondomar celebra o seu II Concerto Solidario. A Concellería de Cultura en colaboración coa Concellería de Benestar Social organizarán unha recollida de alimentos á entrada do Auditorio Lois Tobío. Todos os asistentes ao concerto poderán colaborar coa súa aportación que será entregada aos veciños máis necesitados do concello. Os alumnos de tódalas especialidades do centro festexarán a chegada do Nadal, presentando o traballo realizado na primeira avaliación co Coro e a Orquestra.
Entrada gratuita ata completar aforo.
Mércores 20 de Decembro ás 19:00h. Auditorio Lois Tobío
ÓPERA CARMEN de G. BIZET no Auditorio Lois Tobío de Gondomar
Este sábado 16 de Decembro poderemos desfrutar da representación da Ópera Carmen do compositor G. Bizet, no Auditorio Lois Tobío de Gondomar ás 19:00h, interpretada pola Camerata Lírica de España. A Concellería de Cultura de Gondomar é a encargada de programar este espectáculo, unha das óperas mais representadas de todos os tempos. A taquilla abre ás 18:00h. Prezo da entrada 2,50€
A exposición sobre o patrimonio arqueolóxico da provincia chega a Gondomar, mañán 11 de outubro terá lugar a inauguración ás 12,00hs.
"Escenarios da Prehistoria", composta por 37 paneis fotográficos de Federico de la Peña, poderá visitarse no Auditorio Lois Tobío de Gondomar ata o 12 de novembro.
Este sábado día 20 de maio ás 20,00 horas no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, Organizado pola Concellería de Cultura, preséntase o espectáculo “As Cantareiras de Ardebullo”.
Mañán día 16 de Maio ás 19:00h no Auditorio Lois Tobío, a Concellería de Cultura e o Conservatorio Elemental de Música de Gondomar festexará o día das Letras Galegas cun concerto adicado ó escritor Carlos Casares,
O sábado 6 de maio, ás 20:00 horas, no Auditorio Lois Tobío, a través da Concellería de Igualdade e en colaboración coa Deputación de Pontevedra, terá lugar a proxección da película colaborativa Visións, enmarcada no proxecto da Deputación de Pontevedra "Cinema e muller", que ten por obxectivo visibilizar as creadoras do audiovisual da provincia para promover unha maior participación das mulleres na creación da cultura e da arte.
O sábado 6 de maio, ás 20:00 horas, no Auditorio Lois Tobío, a través da Concellería de Igualdade e en colaboración coa Deputación de Pontevedra, terá lugar a proxección da película colaborativa Visións, enmarcada no proxecto da Deputación de Pontevedra "Cinema e muller", que ten por obxectivo visibilizar as creadoras do audiovisual da provincia para promover unha maior participación das mulleres na creación da cultura e da arte.
O próximo mércores festexaremos con moita música o comezo da primavera. ¡Teremos a oportunidade de escoitar diferentes conxuntos, ó coro e á orquestra do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar! e se o tempo nos acompaña sairemos á rúa a facer soar os nosos intrumentos e as nosas voces. ¡Acompañádenos o mércores 5 de abril ás 19:00h no auditorio Lois Tobío! Todo o mundo é benvido.
O 26 de Marzo ás 19:00h chega ao Auditorio Lois Tobío de Gondomar o ENSEMBLE DE CLARINETES DA BANDA SINFÓNICA PORTUGUESA (Oporto), considerada unha das mellores Bandas Sinfónicas de Europa.