Lembrade tedes ata o 26 de setembro para presentar a vosa fotografía ao Certame “ Viaxando” e gañar un curso personalizado de fotografía.
BASES DO XII CERTAME FOTOGRÁFICO VIAXANDO, ORGANIZADO POLO ESPAZO XOVE DE TUI E AS OFICINAS MUNICIPAIS DE INFORMACIÓN XUVENIL DE GONDOMAR, A GUARDA, TOMIÑO, SALCEDA DE CASELAS, BAIONA, O ROSAL E O PORRIÑO
Na casa do Concello, en Gondomar, poderás ver a creatividade da mocidade do Baixo Miño e Val Miñor.
Do 16 de maio ao 8 de xullo, temos no Concello de Gondomar a exposición de fotografías presentadas polos participantes ao 10º Certame Fotográfico do ano 2016, un total de 19 fotos.