^ Ir arriba

Displaying items by tag: Conservatorio

O vindeiro mércores 16 de Maio ás 21:00h na Igrexa de San Bieito de Gondomar teremos a oportunidade de escoitar un fermosísimo concerto a cargo de I Colori Dell´Armonia, quinteto de música barroca. Concerto organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, dentro das conmemoracións polo 35 aniversario do Conservatorio Municipal.

Published in Novas

CONCERTO DE NADAL 2017 do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar. Chega o Nadal e o Conservatorio Elemental de Música de Gondomar celebra o seu II Concerto Solidario. A Concellería de Cultura en colaboración coa Concellería de Benestar Social organizarán unha recollida de alimentos á entrada do Auditorio Lois Tobío. Todos os asistentes ao concerto poderán colaborar coa súa aportación que será entregada aos veciños máis necesitados do concello. Os alumnos de tódalas especialidades do centro festexarán a chegada do Nadal, presentando o traballo realizado na primeira avaliación co Coro e a Orquestra.

Entrada gratuita ata completar aforo.
Mércores 20 de Decembro ás 19:00h. Auditorio Lois Tobío

 

ÓPERA CARMEN de G. BIZET no Auditorio Lois Tobío de Gondomar

Este sábado 16 de Decembro poderemos desfrutar da representación da Ópera Carmen do compositor G. Bizet, no Auditorio Lois Tobío de Gondomar ás 19:00h, interpretada pola Camerata Lírica de España. A Concellería de Cultura de Gondomar é a encargada de programar este espectáculo, unha das óperas mais representadas de todos os tempos. A taquilla abre ás 18:00h. Prezo da entrada 2,50€

C064BFB2 54DA 42A8 86EA 0BFE09023B92

E0B0A122 2626 418D AC04 1868FEAC85D6

Published in Novas

Os alumnos do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar visitarán o Pergamiño Vindel o vindeiro 8 de Novembro no Museo do Mar de Galicia.

Published in Novas

 

Aberto o prazo de inscrición no Conservatorio Elemental de Música de Gondomar.
 
Durante todo o mes de Maio estará aberto o prazo de inscrición para o acceso ao Conservatorio Elemental de Música de Gondomar para o vindeiro curso 2019/2020. Poderase escoller entre varios instrumentos como clarinete, saxofón, violín, viola, guitarra ou piano, e actividades complementarias como orquestra, coro, concertos e conferencias.
 
Máis información: 986360746(mañás), 986389283(tardes) ou na páxina web: www.edu.xunta.gal/centros/cmuselementalgondomar

PREINSCRICIÓN ONLINE

 

Published in Novas

O próximo mércores festexaremos con moita música o comezo da primavera. ¡Teremos a oportunidade de escoitar diferentes conxuntos, ó coro e á orquestra do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar! e se o tempo nos acompaña sairemos á rúa a facer soar os nosos intrumentos e as nosas voces. ¡Acompañádenos o mércores 5 de abril ás 19:00h no auditorio Lois Tobío! Todo o mundo é benvido.

Published in Novas

O 26 de Marzo ás 19:00h chega ao Auditorio Lois Tobío de Gondomar o ENSEMBLE DE CLARINETES DA BANDA SINFÓNICA PORTUGUESA (Oporto), considerada unha das mellores Bandas Sinfónicas de Europa.

Published in Novas

Un total de 70 alumnos e alumnas do Conservatorio de Música de Gondomar deleitarán co seu repertorio a todos aqueles que se acheguen o Auditorio Lois Tobio este mércores as 19h. Os xóvenes intérpretes tocarán pezas de todo tipo, dende os clásicos como Bach a músicos contemporáneos como Jonh Lennon.

Published in Novas

O vindeiro mércores 21 de Decembro o Conservatorio Elemental de Gondomar celebrará o tradicional Concerto de Nadal ás 19:00h no Auditorio Lois Tobío.

Published in Novas

O Conservatorio Elemental de Música do Concello de Gondomar, a través da Concellería de Cultura de Nuria Lameiro, informa que dispón de dúas prazas vacantes na especialidade de clarinete/saxofón.

Published in Novas
Despois de un ano cargado de traballo, esforzo e moitos nervios, queremos darlle a noraboa aos alumnos de 4º de grao elemental que acaban de pasar as probas de acceso ao grao profesional no Conservatorio Profesional de Música de Vigo, e mais no Conservatorio Profesional de Música de Tui.
Published in Novas

Rss