^ Ir arriba

Campamento de lecer e tempo libre Gondoverán 2017

Que é GondoveránCaptura de pantalla 2017 05 09 a las 10.50.49

Gondoverán é un programa de lecer e tempo libre preferentemente para fillos e fillas de familias traballadoras, co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral do neno/a a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.

QUEN PODE PARTICIPAR?

100 rapaces e rapazas que teñan o seu empadroamento no Concello de Gondomar nacidos entre os anos 2004 (non poderán facer 13 anos antes da finalización do campamento) e 2014 (deberán ter feitos 3 anos ao inicio do campamento) e cuxos proxenitores sexan persoas traballadoras en activo (por conta allea ou propia). En caso de quedar prazas serán admitidos doutros concellos, con preferencia de aqueles cuxos proxenitores sexan traballadores no municipio de Gondomar. En caso de que o/a menor precise apoio derivado da súa diversidade funcional, deberá facelo constar na folla de inscrición, especificando o máis posible as necesidades especiais que presente.

HORARIO

Gondoverán levarase a cabo durante todo o mes de xullo e terá como sede un Centro Educativo de Gondomar. O seu horario de funcionamento será de 9.00 a 14.00 horas con posibilidade de incorporación de 8.00 a 9.00 horas ede saída de 14.00 a 15.00 horas.

PREZO

O prezo será de 65€ por neno/a
Prazo de presentación de pagamento: do 1 ao 8 de xuño

SOLICITUDE DE PRAZA

A solicitude poderá ser individual ou múltiple (para os supostos de dous, tres ou máis irmáns/irmás) e deberán estar asinadas polos pais/nais ou titores legais do/a menor. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Gondomar de luns a venres de 8.30 a 14h ou a través da sede electrónica. Presentación de solicitudes: do 10 ao 19 de maio ata as 14 horas a través do Rexistro Xeral do Concello de Gondomar ou ata as 24h a través da Sede Electrónica.

LISTA DE AGARDA

As vacantes que se produzan por renuncia ou por calquera outro motivo ofreceránselles aos solicitantes que figuren na lista de espera. As renuncias non se incluirán na lista de espera e contactarase cos suplentes por teléfono ou enderezo electrónico dende o CIM. Prazo de presentación do pagamento do 1 ao 8 de xuño: unha vez aceptada a praza presentarase o xustificante de pagamento nas dependencias do CIM entre o 1 e o 8 de xuño, en caso contrario a praza será ofertada ao seguinte da lista de espera.

PRAZOS

Publicación provisional da listaxe de admitidos/as: 24 de maio

Reclamacións: do 25 ao 29 de maio

Publicación da listaxe definitiva de admitidos/as: 31 de maio

Prazo de presentación do pagamento: do 1 ao 8 de xuño

Comunicarase o resultado dos/as participantes seleccionados por teléfono e/ou por enderezo electrónico

DOCUMENTACIÓN

- Solicitude de praza ou prazas.

− Autorizacións e observacións médicas.

− Obrigas do campamento asinadas polos pais ou titores/as legais.

− Fotocopia dos DNI dos pais ou titores/as legais.

− Fotocopia do libro de familia ou DNI do/a menor.

− Fotocopia dos DNI das persoas autorizadas á recollida do/a menor (sempre e cando sexan persoas distintas dos pais ou titores/as legais)

− Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a menor ou seguro médico privado.

− Volante de empadroamento da unidade familiar.

− De ser o caso, xustificación da ocupación actualizada dos pais ou titores (fotocopia da última nómina, certificación de empresa, vida laboral ou calquera outra tipo de documentación que acredite dita situación, no caso de traballadores por conta allea; ou do último recibo do pagamento da cota á seguridade social no réxime especial de traballadores por conta propia, no caso de traballadores/as autónomos/as)

 

Cofinanciado pola Deputación de Pontevedra

 

Documentación
Download this file (BASES GONDOVERÁN 2017.pdf)Bases[Bases Gondoverán 2017]
Download this file (SOLICITUDE INDVIDUAL GONDOVERÁN 2017.pdf)Solicitude individual[Solicitude individual de praza Gondoverán 2017]
Download this file (SOLICITUDE MÚLTIPLE GONDOVERAN 2017.pdf)Solicitude múltiple[Solicitude múltiple de praza Gondoverán 2017]
Download this file (OBRIGAS GONDOVERÁN 2017.pdf)Obrigas[Obrigas do Campamento Gondoverán 2017]
Download this file (AUTORIZACIÓNS FAMILIARES GONDOVERÁN 2017.pdf)Autorizacións[Autorizacións familiares e observacións médicas Gondoverán 2017]