^ Ir arriba

Campamento de lecer e tempo libre Gondoverán 2016

tienda campana

Que é Gondoverán

 

Gondoverán é un campamento de lecer e tempo libre preferentemente para fillos e fillas de familias traballadoras, co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral do neno/a a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.

 

QUEN PODE PARTICIPAR?

100 Rapaces e rapazas que teñan o seu empadroamento no Concello de Gondomar nacidos entre os anos 2003 (non poderán facer 13 anos antes da finalización do campamento) e 2013 (deberán ter feitos 3 anos ao inicio do campamento) e cuxos proxenitores sexan persoas traballadoras en activo (por conta allea ou propia). En caso de quedar prazas serán admitidos doutros concellos, con preferencia de aqueles cuxos proxenitores sexan traballadores no municipio de Gondomar.

HORARIO

Todo o mes de xullo con sede nun centro educativo de Gondomar. O seu horario de funcionamento será de 8.00 a 15.00 horas con posibilidade de incorporación de 8.00 a 9.00 e de saída de 14.00 a 15.00 horas.

PREZO

O prezo será de 65€ por neno/a

SOLICITUDE DE PRAZA

A solicitude deberá ser individual, asinada polos pais/nais ou titores legais do/a menor, e presentada no Rexistro Xeral do Concello de luns a venres de 8.30 a 14h e sábados de 9 a 13h. En caso de irmáns poderanse vincular as solicitudes coa finalidade de non ter que duplicar a documentación. As 100 prazas serán adxudicadas mediante un sorteo público o 27 de maio ás 09.30horas na Casa da Cultura, sempre e cando haxa máis solicitudes que prazas.

LISTA DE AGARDA

As vacantes que se produzan por renuncia ou por calquera outro motivo ofreceránselles aos solicitantes que figuren na lista de espera. As renuncias non se incluirán na lista de espera e contactarase cos suplentes por teléfono ou enderezo electrónico dende o CIM

PRAZOS

Solicitude: do 4 ao 18 de maio Primeira publicación provisional de admitidos/as: 20 de maio Reclamacións: do 23 ao 25 de maio Segunda publicación provisional de admitidos/as: 26 de maio Sorteo público: 27 de maio ás 09.30 horas na Casa da Cultura Publicación da listaxe definitiva de admitidos/as: 30 de maio Pagamento: do 30 de maio ao 8 de xuño

DOCUMENTACIÓN

1. Solicitude de praza.

2. Autorizacións e observacións médicas.

3. Obrigas do campamento asinadas polo pais ou titores/as legais.

4. Fotocopia cotexada dos DNI dos pais ou titores/as legais.

5. Fotocopia cotexada do libro de familia ou DNI do/a menor.

6. Fotocopia/s do/s DNI das persoas autorizadas á recollida do/a menor

7. Fotocopia da tarxeta sanitaria do menor ou menores ou seguro médico privado.

8. Volante de empadroamento da unidade familiar.

9. De ser o caso, xustificación da ocupación actualizada dos pais ou titores (fotocopia da última nómina, certificación de empresa, vida laboral ou calquera outra tipo de documentación que acredite dita situación, no caso de traballadores por conta allea; ou do último recibo do pagamento da cota á seguridade social no réxime especial de traballadores por conta propia, no caso de traballadores/as autónomos/as).

 

O campamento Gondoverán está cofinanciado pola Deputación de Pontevedra.

 

Documentación
Download this file (BASES.pdf)Bases[Bases Gondoverán 2016]
Download this file (SOLICITUDE.pdf)Solicitude[Impreso de solicitude]
Download this file (TRIPTICO.pdf)Tríptico[Tríptico informativo]