^ Ir arriba

Curso: Mecánica básica do Automóbil

MECANICA BASICA AUTOMOBIL

 

A Concellería de Igualdade a través do Centro de Información á Muller (CIM) vai a por en marcha un curso sobre a Mecánica Básica do Automóbil, cunha duración de 40 horas e destinado preferentemente a mulleres empadroadas no Concello de Gondomar.

Vai ser un curso onde se proporcionarán ferramentas sobre o día a día do automóbil (cambio de rodas, comprobacións básicas de funcionamento, partes do coche,…), cun horario de 9.30 a 13.30 de luns a xoves do 22 de febreiro ao 8 de marzo.

Para solicitar o curso hai que ir ás dependencias do CIM xunto coa solicitude e fotocopia do DNI, voante de empadroamento, fotocopia da tarxeta de desemprego e C.V., antes do 16 de febreiro.

Para calquera outra información dirixirse ao CIM sito nas dependencias da Casa da Cultura en 986 389 355  ou en Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

 

Solicitude curso