A raíz dos resultados do estudo para o Plan de Emprego Xuvenil que o Concello de Gondomar está a levar a cabo, detectouse, que unha das grandes eivas reside no sector do comercio.
Dende a Concellaría de Xuventude séguese a apostar pola xuventude, organizando un curso de HABILIDADES COMERCIAIS, para ofrecer aos/ás moz@s as ferramentas necesarias para ser un bo vendedor.
O curso vai dirixido prioritariamente a mozos/as de 18-35 anos do Concello de Gondomar e desempregados. Desenvolverase do 4 ao 19 de xuño en horario de mañá. O prazo de inscrición estará aberto ata o 28 de maio na OMIX Gondomar. As solicitudes tamén estarán dispoñibles a través da páxina web do Concello de Gondomar.
Para máis información 986.369.746 ou This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.