Este domingo día 13, ás 18.30 horas, no Auditorio do Centro Cultural de Vincios, a Agrupación Musical de Vincios ofrecerá un concerto baixo a batuta do director José Varela Pardo.
Currículo
José Varela comezou os seus primeiros estudos de tuba no ano 1995, sendo o seu primeiro profesor D. Xurxo Guzmán e D. José Casal Sueiro. Continuou os seus estudos con D. Miguel Rodríguez Barrio. Estudou nos conservatorios de Lalíny Santiago de Compostela obtendo o título de profesor de tuba.
No ano 2000 entrou na Nova Orquestra Nacional de España e na Orquestra Moza Sinfónica de Galicia como alumno activo, con quen realiza varias xiras por Galicia e Valencia.
Impartiu clases como profesor de tuba nas escolas de música de Teo, Mullereiro, Valga, Barro, Merza, Vila de Cruces, na Escola Municipal de Sanxenxo, Escola Coda e actualmente xestiona a Escola Municipal de Cuntis.
Actualmente colabora coas orquestras: Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra Cidade de Granada, Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Pablo Sarasate de Pamplona e a Orquestra Sinfónica de Extremadura
Foi dirixido por prestixiosos directores como: Johan de Meij, Marcel Van Bree, Enrique García Asensio, Mélanie Thiébaut, Víctor Pablo Pérez ou James Ross, entre outros; e foi director da: Banda Cultural de Teo de 2001 a 2005, Banda Xuvenil de Barro de 2005 a 2008, Banda de Música de Pontevedra de 2006 a 2010 como Subdirector, Orquestra de Ventos da Escola Profesional de Viana do Castelo (Portugal) e Banda Cultural de Salceda de Caselas de 2008 ata a data actual.
Actualmente é Colaborador da Real Filharmonía de Galicia, membro da Banda de Música de Pontevedra e dende xaneiro de 2014 director titular da Banda de Música de Candeán (Vigo).