A Concellaría de Xuventude do Concello de Gondomar, a través da OMIX, vai a por en marcha un curso de iniciación á lingua de signos, co obxectivo de que a mocidade do municipio aporte ao seu currículo a diferenza ou marca persoal distintiva que poida favorecer a súa contratación, así como o coñecemento dunha nova forma de expresión.
O curso desenvolverase os martes e venres en horario de mañá, desde o 6 de maio ata o 6 de xuño.
Os/as interesados/as teñen ata o día 30 de abril para formalizar a súa inscrición na OMIX de Gondomar, onde poderán recoller a solicitude, ou a través do seguinte enlace.
Máis información no 986.369.746 ou en This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.